1
Semana das Letras Galegas
Os días D e as semanas S

Cada 17 de maio celebramos este día, adicado a homenaxear a un persoeiro das Letras Galegas que leva como mínimo dez anos falecido.

Nesta unidade aprenderemos:

  • O signficado da conmemoración e por que eliximos este día.
  • Un percorrido histórico e contextualización.
  • A importancia de Rosalía de Castro nas nosas Letras
  • O Rexurdimento da cultura galega
  • A Real Academia Galega (RAG)
  • Persoeiros senlleiros homenaxeados en anos anteriores
  • A desmontar prexuizos cara a nosa lingua
  • O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

    A idea foi de tres membros da Real Academia Galega (RAG): Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego que o 20 de marzo de 1963, presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.

    Descoñécese a data real de publicación de Cantares Gallegos pero tomouse como data o 17 de maio pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).

    A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro e ata o momento (2020), o número total de mulleres homenaxeadas é de catro, acompañando a Rosalía: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018). O primeiro home homenaxeado foi Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en 1964.

    Para ser homenaxeado, un autor ou autora ten que levar un mínimo de 10 anos falecido.

    O 17 de maio é un día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.

    Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, propuxeron que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalia de Castro", a Real Academia Galega (RAG) deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

    Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

    Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

    A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega.

    A Real Academia Galega constituíuse o 30 de setembro de 1906, presidida por Manuel Murguía e con corenta membros.

    Elabora as normas ortográficas da lingua galega, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

    Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O actual presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017.

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Os primeiros documentos non literarios en galego datan de comezos do século XIII, como o Testamento de Afonso II de Portugal (1214).

    Galicia constitúe xa desde o século VlII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; isto non impide que chege a acadar unha certa autonomía que lle permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos séculos X, XI e XII.

    Neste contexto o galego é a língua exclusiva no uso oral, cunha competencia minguante do latín na escrita o que levou no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos...

    Esta é a etapa de maior esplendor da literatura galega. O galego convértese na língua por excelencia da lírica en case toda a Península.

    As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía mariana medieval máis nacementorelevante de toda a Península.

    Foron compostas na corte de Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como língua literaria a finais do século XIII.

    En comparanza coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e tardía.

    Ó final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.

    Os motivos son varios. Entre outros:
    - Asentamento no noso país dunha nobreza vida de Castela, Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia.
    - A ausencia dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país.
    - Diminución da poboación.
    - A perda de autonomía da Igrexa galega.

    Esto provocou un proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impediron a consolidación do galego como língua literaria.

    Neste contexto político, a língua galega, durante o longo período de tres séculos —XVI, XVII e XVIII, denominados "Séculos Escuros" estivo ausente dos usos escritos. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a ser a vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.

    O exclusivo uso oral levou consigo a acepción do galego como lingua non literaria e polo tanto non apta para a ciencia e a cultura.

    A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá.

    A pesare de todo, a nosa tradición literaria pervive en forma de cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.

    No século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural.

    Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos.

    Destaca igualmente o Padre Feixoo, primeiro en rexeitar a condición de "dialecto" para o galego.

    Estas voces constitúen a primeira chamada de atención cara a unha problemática lingüística que se ha manifestar en toda a súa extensión na segunda metade do XIX.

    "Rexurdimento" é o nome con que se coñece o movemento de rexeneración da nosa cultura que tivo lugar ó longo do século XIX. Este termo expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica.

    A raíz da invasión francesa (1809) xorden os primeiros textos escritos en galego, impresos en follas soltas ou en xornais, con fins propagandísticas.

    Ó longo do século nacen diversos movementos galeguistas baseados na defensa da singularidade e da personalidade diferenciada de Galicia como foron o Provincialismo ou o Rexionalismo.

    A gaita gallega (1853), de Xoán Manuel Pintos, constitúe o primeiro libro da literatura galega contemporánea.

    A publicación en 1863 de Cantares gallegos, primeira obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. Ó longo desta etapa publícanse na nosa língua tanto poesía como prosa, aínda que o ano máis fructífero para a literatura galega foi sen dúbida 1880. Nesta data saen á luz composicións dos autores de máis sona do momento: Follas novas de Rosalía de Castro, Aires da miña terra de Curros Enríquez, e Saudades gallegas de Lamas Carvajal. Seis anos despois aparece Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.

    Entre todos estes escritores, Rosalía de Castro transcende coa calidade da súa obra as nosas fronteiras para se incorporar á historia da literatura universal.

    A consolidación da prosa galega non se produce ata o século XX, mais a finais do XIX hai xa precedentes salientables, como Maxina ou a filla espúrea, (1880) de Marcial Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grande sona entre as clases populares foi O catecismo do labrego de Lamas Carvajal, obra de crítica social en clave de humor, que coñeceu trece edicións en vida do autor. Tal vez o mellor prosista da época foi Antonio López Ferreiro, autor de tres importantes novelas: A tecedoira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O niño de Pombas.

    O xénero teatral foi o menos cultivado. Desde a publicación de A casamenteira en 1812 de Antonio Benito Fandiño ata a década dos oitenta non houbo actividade editorial relacionada co teatro.

    Os autores do Rexurdimento descoñecían a existencia da rica tradición lírica medieval galega. Escriben co convencemento de que son os iniciadores do cultivo literario do idioma. Carecen, polo tanto, dunha normativa idiomática o que os obriga a partir dos usos orais.

    Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da língua galega, esenciais para a súa normalización.

    Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).

    A sociedade galega dos comezos do século XX caracterizábase por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país. Había, sen embargo, unha prolífica actividade cultural.

    Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado. A toma de consciencia dos campesiños unida á evolución do galeguismo cara ó nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da língua.

    As Irmandades da Fala foron creadas para a defensa, dignificación e cultivo do idioma. A primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra.

    Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas,...

    No século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural.

    Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos.

    As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas, de estudios lingüísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no ensino.


    Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

    Os membros de "Nós", cunha ampla formación intelectual, marcan como finalidade a eliminación do lastre folclorista da cultura galega, mediante a súa actualización, normalización e universalización.

    A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa cultura no contexto europeo.

    Os movementos europeos de vangarda influiron na chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) e demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa.

    O remate da Guerra Civil e o inicio do franquismo provocou a desaparición da língua galega da escena pública e do ensino.

    Dende o exilio, diversos autores mantiveron viva a chama da cultura, do idioma e da identidade de Galicia: Castelao, E. Blanco Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste... O desenvolvemento cultural galego ten agora o seu escenario na Arxentina, Venezuela, México e Cuba, entre outros países.

    O ensino e os medios de comunicación tiveron o castelán como único vehículo de expresión.

    A peza clave en que se asenta esta recuperación dos usos escritos é a creación da Editorial Galaxia en 1950. Os seus principais promotores: Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, F. Fernández del Riego e outros, evidenciaron de novo a validez do idioma galego para calquera xénero ou temática. Galaxia convértese no eixo de diversas publicacións periódicas.

    A partir de 1960 vaise producir un conxunto de cambios no eido económico e social que se acompañan dunha leve atenuación da censura.

    Exemplos deste aperturismo foron a posibilidade de editar publicacións antes prohibidas, a instauración da celebración por parte da Real Academia Galega do Día das Letras Galegas (1963), a ampliación do mundo editorial coa creación de Edicións do Castro...

    Por se nunca os utilizaches, un pictograma secuenciado ou estático utiliza imaxes ou símbolos para amosar os datos que aseguran unha rápida comprensión dunha mensaxe completa.

    Nacemento/Defunción: Santiago de Compostela (24 de febreiro de 1837) - Padrón (15 de xullo de 1885)

    Vida: Escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.

    Obras destacadas: Cantares Gallegos (1863), Follas Novas (1880), Contos da miña Terra (1864)

    Nacemento/Defunción: Rianxo (29 de xaneiro de 1886) - No exilio en Buenos Aires (Arxentina) (7 de xaneiro de 1950).

    Vida: Está considerado o Pai do nacionalismo galego. Foi médico e un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante, pintor e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

    Obras destacadas: Sempre en Galiza (1944), Os dous de sempre (1934), Cousas (1926 e 1929), Retrincos (1934), Os vellos non deben de namorarse (1941)...

    Nacemento/Defunción: Ponteceso (8 de febreiro de 1835) - A Coruña (8 de marzo de 1917).

    Vida: Foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.

    Obras destacadas: Queixumens dos pinos (1886), Os Eoas (de publicación póstuma)...

    Nacemento/Defunción: Celanova (15 de setembro de 1851) - A Habana (7 de marzo de 1908).

    Vida: Foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

    Obras destacadas: Aires da miña terra (1880), O divino sainete (1888), A Virxe do Cristal (1977)...

    Nacemento/Defunción: O Burgo - Pontevedra (16 de decembro de 1811) - Vigo (29 de xuño de 1876).

    Vida: Foi un escritor galego considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincianista. A súa obra está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.

    Obras destacadas: A gaita gallega (1853), Obra poética dispersa

    Nacemento/Defunción: Viveiro (2 de outubro de 1881) - A Coruña (4 de marzo de 1936).

    Vida: Foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos...) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista.

    Obras destacadas: Do caciquismo: A patria do labrego (1905), O Mariscal (1926), Os evanxeos da risa absoluta: anunciación do antiquixote (1934)...

    Nacemento/Defunción: Rianxo (12 de xullo de 1900) - Asados - Rianxo (28 de xaneiro de 1930).

    Vida: Foi un poeta galego. Tivo unha actitude radical e rebelde que se opuña frontalmente ao ambiente conservador no que pasou a infancia, vivindo e participando con intensidade o momento social e político. Colaborou en revistas e xornais, e mesmo formou parte do consello de redacción dunha delas.

    Obras destacadas: De catro a catro (1926 -1927), Con anacos do meu interior (1920-1922), Sempre e máis despois, Máis alá! (manifesto en 1922)...

    Nacemento/Defunción: Ourense (1 de outubro de 1884) - Ourense (30 de abril de 1963).

    Vida: Foi un intelectual galego do século XX e membro da Xeración Nós. Dun gran nivel cultural, asentou as bases teóricas do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro tercio do século XX.

    Obras destacadas: O porco de pé (1928), O bufón de El Rei. Drama en catro pasos (1928), O lobo da xente (1925), Teoría do nacionalismo galego (1918)...


    Nacemento/Defunción: Ourense (5 de marzo de 1888) - Ourense (10 de abril de 1976).

    Vida: Foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

    Obras destacadas: Arredor de sí (1930), O mesón dos ermos (1936), A lagarada (1928), O fidalgo e a noite (1970)...

    Nacemento/Defunción: Celanova (4 de xaneiro de 1912) - Vigo (31 de agosto de 1979).

    Vida: Foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega. A súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores

    Obras destacadas: Longa noite de pedra (1962), O soño sulagado (1955), Viaxe ao país dos ananos (1968), Onde o mundo se chama Celanova (1975)...


    Nacemento/Defunción: Mondoñedo (22 de decembro de 1911) - Vigo (28 de febreiro de 1981).

    Vida: Foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Ingresou na Real Academia Galega en 1963.Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano.

    Obras destacadas: Merlín e familia (1955), As cróncas do sochante (1956), Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961), Xente de aquí e de acolá (1971), Escola de menciñeiros (1960). Os outros feirantes (1971),...

    Nacemento/Defunción: Ourense (14 de setembro de 1897) - Vigo (1 de decembro de 1979).

    Vida: Foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. En Arxentina fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega.

    Obras destacadas: A esmorga (1959), Os biosbardos (1962), Xente ao lonxe (1972), Proceso en Jacobusland (1973)...

    Nacemento/Defunción: Rianxo (29 de xaneiro de 1899) - Santiago de Compostela (15 de outubro de 1981).

    Vida: Foi un escritor republicano galego do exilio, que pertenceu á chamada Xeración de 1925. Cos seus contos e pezas de teatro tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. Atribúeselle en boa parte a creación do denominado "Teatro Nacional Galego".

    Obras destacadas: A fiestra valdeira (1927), Dos arquivos do trasno (1926), Fragua íntima (1991), Viaxe e fin de don Frontán (publicado postumamente en 1982)...

    Nacemento/Defunción: Vilafranca do Bierzo (9 de marzo de 1695) -Madrid (7 de decembro de 1772).

    Vida: Foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Realizou análises da lingua galega nunha época en que a lingua estaba desprestixiada polo centralismo que afogaba as manifestacións populares localistas.

    Obras destacadas: Viaxe a Galicia (1745), Coplas gallegas y Glosario (1746)...

    Nacemento/Defunción: Parada - Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel (19 de xaneiro de 1930) - Santiago de Compostela (30 de outubro de 1999).

    Vida: Foi un poeta e escritor galego. Era fillo dunha familia de labregos. O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.

    Obras destacadas: Os eidos (1955), Poemas caligráficos (1979), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela (1988)...

    Nacemento/Defunción: Vista Alegre, Santiago de Compostela (31 de xullo de 1950) - Santiago de Compostela (11 de setembro de 2002).

    Vida: Foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe.

    Obras destacadas: Días sen glora (1992),Saxo tenor (1993), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998)...

    Nacemento/Defunción: Outeiro de Rei (6 de outubro de 1929) - A Coruña (8 de setembro de 2004).

    Vida: Foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico. En 2003 volveu ingresar nela, desta volta como membro de número.

    Obras destacadas: Terra Chá (1954), Os soños na gaiola (1968), Barriga verde (1973)..

    Nacemento/Defunción: Ourense (24 de agosto de 1941) - Vigo (9 de marzo de 2002).

    Vida: Foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. É de destacar, tamén, o traballo como columnista en xornais.

    Obras destacadas: Vento ferido (1967), Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), Os escuros soños de Clío (1979), Ilustrísima (1980)...

    Nacemento/Defunción: Valencia de Alcántara, Cáceres (1 de maio de 1939) - Pontevedra (22 de novembro de 2005).

    Vida: Foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino caduco.

    Obras destacadas: Anagnórise (1988), A festa no faiado (1983), Leonardo e os fontaneiros (1986)...


    Nacemento/Defunción: Insuela, na parroquia de Loureiro, Cotobade (28 de decembro de 1905) - Santiago de Compostela (5 de novembro de 1999).

    Vida: Foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia.

    Obras destacadas: O culto ós mortos (1931), A festa popular en Galicia (1995)...

    Nacemento/Defunción: Ferrol (30 de outubro de 1910) - Santiago de Compostela (25 de marzo de 1990).

    Vida: Foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega. Cultivou a poesía, novela e teatro.

    Obras destacadas: A xente da Barreira (1951), Pretérito imperfeito (1927-1961), A farsa das zocas (1963)...

    Dos 58 persoeiros homenaxeados ata o momento (2020) só fixemos fichas de 21 deles. Anímaste a facer tí a ficha dalgún dos que nos esquecemos?

    SUXESTIÓN PARA A REPRESENTACIÓN

    Podemos traballar este texto nun escenario de xeito que cada alumno aprenda unha estrofa do mesmo e a recite. Os demáis repetirán á vez e en voz alta o último verso de cada estrofa (que se atopa en azul), servindo de pé para que o seguinte neno/a se adiante para recitar a súa.

    Donas e cabaleiros

    neste día de festa

    imos relatarlles logo

    a historia do Galego:

    ¡A lingua do noso pobo!



    Seiscentos anos antes de Cristo

    chegan os Celtas á Terra

    deixáronnos moitas palabras

    como Galicia ou Sarela.

    Conquistan Galicia os romanos

    no século I da nosa Era

    non foi fácil, é certo

    mortos houbo por ela.



    Con algunhas palabras celtas

    e o latín dos romanos

    formouse o primeiro galego

    para poder comunicarnos.

    ¡Non remata ahí o conto!

    pois vándalos, suevos e visigodos

    xa no século quinto

    chegaron con malos modos.



    Ata os árabes do sur

    que nestas terras din que andaron

    deixaron moitas palabras

    que hoxe en día conservamos.

    Entre os séculos oito e doce

    xa se falaba galego

    aínda que non o facía

    o notario e o crego.



    Dos séculos doce ó quince

    o galego foi lingua de moda

    non só de notarios e xuíces

    senón tamén poética e relixiosa.

    Pero por razóns políticas

    os nobres de esta terra

    son substituídos por outros

    que veñen dende Castela.



    Nin os cregos nin a Igrexa

    botaron tampouco unha man

    e fixeron misas e rezos

    todos eles en castelán.

    A tristura foi moita.

    A situación era moi mala.

    A nosa lingua, o galego

    só se falaba na casa.



    Foron case tres séculos

    que algún chamou "escuros"

    onde a lingua estivo presa

    encerrada en catro muros.

    Vive o Padre Sarmiento

    no século dezaoito

    que traballa duro e forte

    e o problema mellora moito.



    En mil oitocentos oito

    para avisar ós labregos

    da "Invasión Francesa"

    poñen bandos en galego.

    Un científico tras outro

    no século dezanove

    preocúpanse por Galicia

    polo moito que lles doe.


    Un 17 de maio

    unha muller de Padrón

    publica "Cantares Gallegos"

    ¡O "Rexurdimento" comezou!

    Cen anos despois

    decidiron elixir o día

    para festexar a lingua

    e sobre todo a Rosalía.



    E no ano dous mil vinte e ún

    homenaxeemos de novo unha nova autora:

    Dona Xela Arias Castaño

    gran poeta e tradutora!