3.- "Liña de tempo" (proposta de traballo cooperativo)
Liña de tempo cos autores homenaxeados

En grupos de catro tedes que elaborar nunha liña de tempo dez fichas, correspondentes a dez dos autores ou autoras homenaxeadas con un Día das Letras Galegas dende 1963. Seredes vós quen decidades sobre que autores facelo.
En cada ficha hai que poñer os seguintes datos:
Dato 1: O nome do autor ou autora homenaxeado
Dato 2: O ano no que foi homenaxeado
Dato 3: Lugar e ano do nacemento e morte, a que se adicou e algunha obra destacada.
Imaxe: Facer unha caricatura do autor ou autora nun programa dixital ou escanealo se o fixemos en papel e logo subilo. De non ser posible buscar algunha caricatura de repositorios libres.
Ferramentas suxeridas:

Son moitas as ferramentas que nos permiten facer liñas de tempo. Pola versatilidade recomendamos ferramentas online como poden ser Canva, Visme, Venngage ou Genially como as capturas de este recurso de exemplo.
Hai tamén ferramentas de escritorio para realizar este traballo como son Exelearning (un idevice chámase precisamente "Liña de tempo") , Ardora (nunha das "páxinas en servidor" máis interesantes). Estas dúas ferramentas son gratuitas.
Nota para os docentes
Rúbrica para avaliar as tarefas de realización grupal:

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0